O Psedg Psoe de Ourense denuncia o trato da Xunta cos emigrantes retornados

O PSdeG-PSOE de Ourense denunciou en rolda de prensa ante os medios de comunicación o “nulo” compromiso do goberno da Xunta de Galicia, encabezado por Alberto Núñez Feijóo cos emigrantes retornados. Os socialistas aproveitaron tamén para lembrar que da man do novo goberno do Estado estase tramitando a modificación do voto rogado a través dunha moción no Senado que dará lugar posteriormente a unha iniciativa lexislativa do Goberno que encabeza o PSOE.

Dende a executiva provincial do PSdeG-PSOE en Ourense amosan o seu compromiso para, en palabras do senador e secretario de organización na provincia, Juan Carlos Francisco, “impulsar as accións pertinentes para que os colectivos de emigrantes retornados vexan recoñecidos os seus dereitos tributarios”. Todo isto foi acadado despois da sentenza favorable do TSJ, impulsada a través dunha demanda asesorada por colectivos e avogados do PSOE, onde este colectivo de emigrantes se vai a ver beneficiado de poder deducir en España as aportacións que fixeron en Alemania o seu seguro médico. Un traballo que o propio Francisco atribuíu a secretaría provincial de emigración.

AVANTAR ACTIVIDADES

O senador socialista electo por Ourense tamén fixo fincapé na “necesidade de resolver as problemáticas dos emigrantes retornados diante da Axencia Tributaria” e asegurou que “o PSOE xa está traballando a través dos seus representantes institucionais para dar solucións os colectivos de retornados da nosa provincia e comunidade autónoma”. Juan Carlos Francisco aproveitou tamén para denunciar que a Xunta de Galicia “máis aló da propaganda electoral da época non fixo nada polos colectivos de emigrantes” e sinalou tamén que o “PP minte constantemente e acusounos de estar pechando as axudas a colectivos de emigrantes galegos, feito que é rotundamente falso, xa que o goberno e os socialistas estamos totalmente comprometidos coa emigración e así o amosa o noso traballo nas institucións”.

O voceiro provincial, Rafael Rodríguez Villarino, subliñou que a emigración “é un aspecto fundamental en Ourense”, o tratarse dunha provincia emigrante ante “a falta de oportunidades que hai nesta terra para desenvolver un proxecto de vida”. O secretario provincial do PSdeG de Ourense aproveitou para lembrar que “somos a provincia coa media de idade máis alta do Estado” e lembrou os que “afirman que a poboación envellece rapidamente” que “o que acontece é que os nosos mozos e mozas foxen en busca de oportunidades ante a falta de proxectos e políticas do goberno de Feijóo que esquece a Ourense salvo cando chegan as eleccións”.

Pola súa banda, a deputada no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Marina Ortega puxo sobre a mesa un tema de actualidade como é a fuga dos mozos e mozas de Galicia a outras comunidades e países en busca dun futuro mellor. “Galicia observa como a xeración máis formada e preparada ten que marchar en busca dun futuro ante a falta de políticas activas do Partido Popular e a ausencia de oportunidades para medrar na nosa terra”. Ortega tamén fixo referencia a que “o goberno central traballa nun plan retorno para que esta xente moza poida volver a súa terra e ter oportunidades de futuro”.

Compareceu por último o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, quen fixo balance do arduo traballo que dende a súa secretaría levaron a cabo nos últimos dous anos con reunións informativas, charlas con expertos e asesoramento de todo tipo a colectivos de emigrantes retornados polas comarcas da provincia de Ourense, pondo de manifesto o compromiso do PSOE con estes colectivos. Gulín subliñou que “dende a Xunta non se asesorou os emigrantes retornado de Alemania de que tiñan que pagar o 5% da súa pensión que cobran exclusivamente do país teutón” e lembrou que foi o PP o que “iniciou unha casa e captura de emigrantes retornados pola súas pensións alemás da man do ex ministro Montoro”.

O propio secretario de emigración apuntou tamén a “deixadez” da Axencia Tributaria Galega, que no seu momento “dixo que se puña a disposición dos emigrantes retornados para asesoralos, pero non se fixo nada” e apuntou que “tivemos que dende o PSOE realizar este asesoramento e loitar porque os emigrantes retornados viran solucionados os seus problemas co fisco”.