Comité de Seguridade da Deputación establece un protocolo de actuación contra o coronavirus

AVANTAR ACTIVIDADES

O Comité de Seguridade e Saúde da Deputación de Ourense acordou na súa reunión extraordinaria de hoxe, no Pazo Provincial, establecer un protocolo especial de prevención e actuación contra o coronavirus, seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O Comité acordou medidas estruturais e persoais centradas na hixienización e desinfección, así como a instalación de paneis informativos. O contido do protocolo foi sometido a debate dos membros do Comité e acordouse aprobalo e poñer en funcionamento as medidas recomendadas e darlle difusión en todos os centros de traballo. Complementariamente, tamén se acordou substituír temporalmente o sistema de control de entrada por un sistema de firma nos diferentes departamentos.