Estreno de Hugo Torreiro

Onte mércores 11 de marzo Hugo Torreiro estreou “Esqueceuse de lembrar”, canción homenaxe cara ás persoas que sofren Alzheimer. Esta canción é o terceiro adianto do que proximamente será o seu novo traballo discográfico.

O cantante e compositor da Coruña que se deu a coñecer ao gran público tras o seu paso por Recantos (TVG) e A Voz (Telecinco) explica que esta canción busca lembrar a quen non lembran.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aos seus 29 anos Hugo Torreiro ten 4 discos no mercado “Nada que ver (2009), As chaves do meu corazón (2011), Habitacións de aluguer (2016) e Volvo ás andadas (2018)” que lle levaron a realizar extensas xiras por diferentes vilas galegas e nalgunha ocasión a nivel nacional.

Ademais ao longo da súa carreira recibiu diferentes premios destacando o logrado en Arxentina coa canción “Luar a luar”, tema que fala sobre a morriña que senten os galegos emigrantes no devandito país.

VIDEO