A Xunta destaca a importancia dos Centros de Día especializados en Alzhéimer

O Centro de Día do Carballiño GESMEDICAL conta cunha Unidade de Alzhéimer para asistir a 15 usuarios.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou a importancia dos centros de día especializados en alzhéimer como servizo asistencial e de apoio ás familias. Fíxoo durante unha visita ás instalacións da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer na cidade de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ildefonso de la Campa reiterou a importancia de que administracións e entidades colaboren na procura dunha mellor calidade de vida para todas as persoas. Neste sentido, gabou o traballo realizado polos traballadores e responsables dos centro especializados na atención do alzhéimer e no asesoramento ás familias.

O director xeral sinalou que os servizos deste tipo axudan a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.