Presentación do Centro de Intelixencia Artificial.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de presentación e posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial, que terá lugar no Espazo A Molinera.
Presentación do Centro de Intelixencia Artificial.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de presentación e posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial, que terá lugar no Espazo A Molinera.
O espazo A Molinera acolleu hoxe a primeira reunión para perfilar as liñas económicas e os aspectos de organización e coordinación para a posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. No encontro participaron presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes; o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García; o vicerreitor adxunto de Investigación e Transferencia da UNED, Julio González; o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, e o profesor da Universidade de Vigo David Olivieri.
Manuel Baltar amosou a súa satisfacción por participar nesta xuntanza.
“Coñezo o proxecto do concello, unha entidade que achega un plus e que
visibiliza á cidade e á provincia, e que vai na liña da innovación e da
vangarda que desde a Deputación estamos apoiando”. Asemade, remarcou que este
proxecto “tamén está en consonancia co dito pasados polo presidente da Xunta de
Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen mesmo falou do Centro de Intelixencia
Artificial en Ourense como unha proposta
para os próximos tempos, e onte mesmo se referiu a unha estratexia de
Intelixencia Artificial para Galicia, e aí estamos apoiando”, destacou Baltar.
PUBLICIDADE ELECTORAL
O presidente do goberno provincial salientou tamén o feito de que
participasen na reunión os máximos responsables da Universidade de Vigo e da
UNED en Ourense, “o que significa que é un proxecto que interesa e no que
debemos involucrarnos todos para que sexa unha realidade no prazo máis breve
posible”, augurando que terá “un incremento constante de apoio e
fundamentalmente de talento, que é o que esta cidade e esta provincia
necesitan”, comentou Manuel Baltar.
Gonzalo Pérez Jácome destacou que foi unha reunión “moi fructífera, na que
quedou clara a folla de ruta para empezar a incorporar os primeiros
científicos”, salientando “o éxito total que xa ten este proxecto”. Neste
sentido, dixo que para coordinar o labor administrativo “estúdase contar cunha figura
xurídica que trascenda ao concello, xa que o concello lidera este proxecto para
que non haxa retrasos, pero en vistas do éxito que xa ten esta iniciativa,
concordamos que debe haber unha administración supramunicipal”. Neste sentido,
concretou que a vindeira semana “un comité comezará as reunións para que unha
administración mixta, integrada por concello, deputación, Xunta de Galicia e ás
distintas universidades, elabore un convenio multilateral que recolla estes
aspectos”.
Pérez Jácome agarda que sexa inminente a transformación da Molinera no
Centro de Intelixencia Artificial. “O futuro vai encamiñado nesa dirección”,
dixo, e estimou que a posta en marcha desta nova infraestrutura investigadora
suporía un investimento de dez millóns de euros e que comezaría a súa
actividade en agosto ou setembro deste ano, avanzando que a contratación do
director do centro “vaise concretar en cuestión dun mes, e as convocatorias de
prazas para os primeiros enxeñeiros informáticos ou de telecomunicación tamén
se plasmarán xa, aínda que a súa incorporación será en agosto ou setembro”.
Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo afirmou que isto “semella
unha aposta gañadora que pode traer moitos beneficios para a cidade e para a
provincia de Ourense, e a Universidade de Vigo non pode facer outra cousa que
aliñarse co que pensamos é unha política acertada”. “Nos faremos o posible
–dixo- para participar neste proxecto dentro das nosas capacidades para algo
que é bo para Galicia pero moi especialmente para a cidade e a provincia de
Ourense”. Neste sentido, Reigosa avanzou que a cooperación da Universidade de
Vigo podería estar en consonancia con axudas desde o punto de vista das
capacidades humanas e do coñecemento.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade