Xa pasou fai 100 anos

Co episodio da ” gripe española” ( 1918 ) que foi unha pandemia a nivel mundial ocasionando moitos mortos en todo o mundo ( máis virulento o virús causante que o coronavirus ) tomaranse algunhas medidas moi similares as que se estan tomando ahora.

Poñemos unha copia do Boletín Oficial Extraordinario da Provincia de Burgos

AVANTAR ACTIVIDADES

En Estados Unidos a enfermidade observouse por primeira vez en Fort Riley ( Kansas) o 4 de marzo de 1918, aínda que xa no outono de 1917 produciuse unha primeira onda heraldo en polo menos catorce campamentos militares. Un investigador asegura que a enfermidade apareceu no Condado de Haskell, en abril de 1918. E, nalgún momento do verán dese mesmo ano, este virus sufriu unha mutación ou grupo de mutacións que o transformou nun axente infeccioso letal; o primeiro caso confirmado da mutación deuse o 22 de agosto de 1918 en Brest, o porto francés polo que entraba a metade das tropas estadounidenses Aliadas na Primeira Guerra Mundial.

Recibiu o nome de gripe española porque a pandemia ocupou unha maior atención da prensa en España que no resto de Europa, xa que non estaba involucrada na guerra e por tanto non se censurou a información sobre a enfermidade. Aínda que a orixe do virus acéptase que foi Estados Unidos -foi o 4 de marzo de 1918 en Camp Funston, un dos campamentos militares establecidos en Kansas tras o comezo da I Guerra Mundial onde se rexistrou o primeiro caso-, un estudo de 2014 indica que a orixe dunha das cepas letais do virus puido estar en Madrid.