Nota de Prensa do PSDEG-PSOE

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nota de Badal: A Imaxe é de arquivo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSDEG-PSOE DE OURENSE INSTA AO CONCELLO PARA QUE FACILITE AO PERSOAL DO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO A APERTURA NOCTURNA DOS BAÑOS PÚBLICOS DURANTE A CRISE

Os socialistas solicítalles tamén que se instalen servizos portátiles nas zonas da cidade onde non se dispón de dispositivos de hixiene públicos
A recollida do lixo é un dos servizos públicos básicos que estase a ver afectado nesta crise, xa que o persoal non pode facer uso de dispositivos de hixiene persoal

Os socialistas consideran que a crise do coronavirus (COVID-19) está a causar múltiples impactos na sociedade, entre os que se inclúen, alén da saúde -que é o ben máis prezado-, o funcionamento de múltiples servizos, tanto privados como públicos. Por elo, o PSdeG-PSOE de Ourense recolle as demandas dos traballadores do servizo de recollida de lixo da cidade, e insta ao Concello para que facilite o acceso nocturno aos baños públicos ao persoal do servizo de recollida do lixo, así como, a outros traballadores municipais que tamén puideran precisalo como, por exemplo, ás patrullas de policía.
A entrega de copias das chaves dos W.C. sitos nos baixos dos Xardíns do Padre Feijoo, do parque de San Lázaro, do parque da Mariña ou da Praza de Abastos cubriría aceptablemente a zona centro e A Ponte.
O grupo municipal socialista expón que “co obxecto de ampliar de xeito integral esta cobertura temporal, deberían instalarse baños portátiles” nas zonas de: O 21 (1), O Couto (2), A Cuña (1), A Carballeira (1), O Posío (1) e San Francisco (1).
Facilitando, por parte do Concello, as chaves para abrir 4 servizos públicos, e instalando 7 W.C. portátiles, podería darse unha “resposta temporal eficaz e económica ante unha demanda xustificada da forza laboral dun corpo tan necesario como valorado nesta crise”: o conformado polas mulleres e polos homes que libran á sociedade do lixo que produce.
Dende o seo socialista recollen as demandas e explican que a recollida do lixo é “un dos servizos públicos básicos que estase a ver afectado nesta crise, xa que o persoal non pode facer uso de dispositivos de hixiene persoal”, ben porque os baños públicos están pechados pola noite, ou ben porque o problema do coronavirus obrigou a pechar os establecementos de hostalería.

As incomodidades que ocasiona esta situación foron trasladadas polos traballadores e traballadoras á empresa concesionaria, mais non atopou eco na mesma.