Xunta de Goberno da Diputación

Nota de Badal: A foto é de arquivo

Axudas por máis de 254.000 euros a entidades e concellos para infraestruturas e equipamentos

AVANTAR ACTIVIDADES

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe axudas por un total de 254.295 euros destinadas a colaborar con entidades e concellos da provincia. En concreto, aprobouse unha axuda de 27.006 euros para a Asociación de Diminuídos Psíquicos de Valdeorras (ASFAVAL) para a adquisición dunha furgoneta. Para a Diocese de Ourense aprobouse unha axuda de 6.927 euros para a substitución de luminarias existentes na igrexa de San Pedro de Leirado.

No relativo á Cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 36.902 euros para o Concello de Muíños para a renovación, instalación e iluminación exterior en Muíños. Para o Concello de Piñor aprobouse unha axuda de 31.460 euros para a remodelación da Praza Norte de Freás e para o Concello de Porqueira aprobouse unha axuda de 12.000 euros para mobiliario da residencia da 3ª idade. Ademais, o Concello da Veiga recibirá unha axuda de 140.000 euros para estradas municipais.

Por último, aprobouse modificar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2020 no relativo ó Concello de Paderne de Allariz, incorporando ao plan principal a obra “abastecemento de auga a Fontaos e Cantoña”, cun orzamento total de 104.300 euros, sendo a achega da Deputación de 48.000 euros e a achega municipal de 56.300 euros.