A Dirección General de Comunicación e Relacións Institucionales de Inditex nos remite o seguinte COMUNICADO
Inditex preservará os postos de traballo
A compañía está a poñer ao dispor do Goberno toda a súa rede loxística e de provedores
para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria
Ante as medidas adoptadas polo Goberno de España, o presidente de Inditex, Pablo Isla, deu instrucións para preservar todo o emprego, como “obxectivo prioritario da compañía”, complementando a retribución en caso necesario durante este período. Para asegurar a forma máis eficaz de conseguir este obxectivo, van estudar todas as ferramentas que o Goberno puxo onte ao dispor das empresas.
En paralelo, a compañía puxo ao dispor do Goberno toda a súa capacidade loxística, de aprovisionamento e de xestión comercial, moi especialmente desde China, para atender as necesidades de urxencia, tanto de material sanitario como téxtil, que se están necesitando nestes momentos. Neste sentido:
Vai realizar polo menos un envío semanal do material que compremos directamente. Nestes momentos doáronse xa 10.000 máscaras protectoras e a finais desta semana está previsto o envío doutras 300.000 máscaras cirúrxicas protectoras.
Está a traballarse para traer o material que as autoridades sanitarias españolas sinalaron como máis urxentes: máscaras, luvas, lentes protectoras, gorros, calzas e protectores faciais.
Inditex vai dar apoio loxístico para transportar desde China a compra que o Goberno faga directamente.
Estamos a explorar a capacidade de converter parte da nosa capacidade de fabricación téxtil a produción de material sanitario, para cuxo obxectivo se involucrou ao equipo de produción de Inditex. Neste sentido, identificouse a posibilidade de fabricación de batas en España para o que é necesario realizar unha serie de axustes sanitarios e confirmar a dispoñibilidade de materia prima.
É importante sinalar, finalmente, a solidariedade e a axuda ofrecida desde China por diferentes provedores e colaboradores, moi especialmente da Universidade de Tsinghua, cuxa mediación está a ser esencial para acceder a material sanitario de primeira necesidade

Desde Badal Novas manifestamos que nestes momentos de CRISIS Sanitaria que a empresa Fundada por D Amancio Ortega pense en preservar os centos de postos de traballo, e teña esa actitude solidaria comprometendose a dotar de material tan necesario solo ten un nome PARABÉNS