Un veciño de Seoane foi enterrado hoxe despois de falecer en Madrid por coronavirus

Hoxe pola tarde tuvo lugar o enterro no cemiterio da parroquia de San Xoán de Seone. Aínda que o falecido era natural de Mesego a súa esposa é de Seoane, razón pola que se enterrou nesta parroquia.

Ambos levaban bastantes anos residindo en Alcalá de Henares. Viñan con certa frecuencia a Seoane e a Carballiño, xa que teñen familiares directos tanto na parroquia como na vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

El tiña 70 anos e un bo estado de saude. Infectado por coronavirus estaba no seu domicilio. Fai dous días empeorou e tuvo que ser ingresado no hospital e por desgraza faleceu.