A Xunta pon en marcha un posto avanzado de mando en Ourense

A XUNTA PUXO EN MARCHA UN POSTO DE MANDO AVANZADO NA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA OURENSE PARA  COORDINAR AS ACCIÓNS NA PROVINCIA DURANTE O ESTADO DE ALARMA

  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,presidiu a reunión de constitución deste equipo composto por representantes de  xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica
  • O obxectivo deste PMA é a coordinación entre concellos e Goberno galego na loita contra o COVID-19

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu hoxe a constitución dun Posto de Mando Avanzado (PMA) na delegación territorial de Ourense para coordinar todas as accións na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus.  O obxectivo é mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19, seguindo as instrucións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas  e Xustiza.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este Posto de Mando Avanzado está composto polo delegada da Xunta, a secretaria territorial, representantes das xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica. Entre as funcións deste novo equipo está realizar un informe diario, que se remitirá á Sala de Control de Operativos (SACOP) do 112, con todas as incidencias que se rexistren na provincia.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa Fegamp que xa conta cun formulario na súa web http://www.fegamp.gal/content/enquisa-subministro-material-epi,para recoller esa información.

Ademais, actuará como un punto de información para os concellos e recabará as funcións vinculadas coa actividade do COVID-19 que se están a realizar nos municipios.

O Punto de Mando Avanzado tamén canalizará ao 112 as ofertas de doazón de material que se reciban nas delegacións. Tamén organizará a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, dacordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).

Desde a AXEGA habilitouse unha sala de videoconferencia remota para cada PMA que se pode utilizar, a cuxos efectos se enviará o enlace e as instrucións de uso, podendo empregarse calquera outro medio que resulte mais práctico. Deste xeito, o PMA realizará o seu traballo de xeito presencial ou en conexión remota segundo sexa necesario.