Comunicado da CIG

O SECTOR DA PIZARRA ESTÁ POÑENDO EN PERIGO A SAÚDE DAS PERSOAS TRABALLADORAS

O sector da pizarra en Valdeorras está xogando literalmtne coa saúde e a vida das persoas que traballan nas naves e canteiras, ao non adoitar as medidas que a lexislación establece nesta situación excepcional de crise sanitaria e estado de alarma.

AVANTAR ACTIVIDADES

O persoal segue subindo aos centros de traballo en vehículos da empresa (todo terreos ou autobuses) sen cumprir a estrita normativa que nos é imposta ao resto da cidadanía. Varias persoas no mesmo Land Rover multiplican o risco de contaxio exponencialmente.

Nos comedores, aínda aumentando a distancia de separación entre persoas, e na propia rutina produtiva, prodúcense contactos permanentes.

Mentres o Estado nos está pedindo que nos quedemos na casa, na Louxa está a patronal poñendo ao límite a saúde de quen no sector traballa.

No caso de Valdeorras, coa gravísima afectación pulmonar que nos trouxo a silicose (por certo, tamén pola inconsciencia empresarial) hai moitos centos de persoas en situación de alto risco de contraer a peor versión do COVID 19. Non se pode tentar tanto á sorte.

Compre parar esta situación!!! Facemos unha chamada á responsabilidade para non ser os responsábeis de propagación da enfermidade.

E esiximos que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cumpran o seu cometido e evite o transporte de grupos de traballadores nun mesmo vehículo ao seu posto de traballo.