Empeza o reparto de material: mascarillas e guantes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A XUNTA REPARTE ENTRE OS CONCELLOS DA PROVINCIA OURENSÁ UN PRIMEIRO ENVÍO DE 1.700 MASCARILLAS E 12.250 PARES DE GUANTES

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste reparto se están atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP e que benefician a 17 concellos

A Xunta, a través da delegación territorial de Ourense, iniciou esta mañá o reparto entre os concellos da provincia do primeiro material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. Concretamente, neste primeiro envío repartiranse máis de 1.700 mascarillas e 12.250 pares de guantes entre 17 municipios ourensanos

Este reparto de material é unha das funcións asignadas ao Posto de Mando Avanzado (PMA) constituído o pasado sábado para coordinar todas as accións na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus co obxectivo de mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19.

Ademais, desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde. Concretamente, nesta provincia levouse a cabo, no día de hoxe con estes equipos de limpeza, actuacións en San Amaro, Maside, Amoeiro, Arnoia, A Peroxa, Vilamarín, Rubiá, A Rúa, Vilardevós, Riós, Vilar de Barrio e Lobeira.

O Posto de Mando Avanzado  está composto pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, secretaria territorial, representantes de todas as xefaturas territoriais e representantes de emerxencias e da policía autonómica.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información. Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.

O Punto de Mando Avanzado tamén está canalizando a través do 112 as ofertas de donación de material que se reciban nas delegacións. Tamén está organizando a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, de acordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).