Situación desesperada na Residencia San Carlos de Celanova. Necesitan personal

«Necesitamos axuda. Non damos abasto».

As catro traballadoras que quedan na residencia de anciáns San Carlos de Celanova fan un chamamento pedindo axuda. Teñen que atender a 54 persoas despois de que a maior parte dos seus compañeiros desen positivo en coronavirus, motivo polo que están recluídos nos seus domicilios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Postos en contacto ca súa Directora manifestounos que xa non poden máis. As 4 traballadoras que quedan fan xornada de 7 da maña as 12 da noite. Solicitan e piden personal.

Á residencia San Carlos chegaron profesionais da Unidade Militar de Emerxencias que xa están a traballar para desinfectar a contorna das instalacións. A decena de efectivos chegados desde León ocupáronse de limpar o exterior e o interior, zonas comúns, do xeriátrico, cun desinfectante pero non da atención global aos maiores, como esperaban a administración local e autonómica. Ao terminar a misión que lles ordenaban, fóronse.

A medida de desinfectar esta ben pero non resolve nada xa que os infectados siguen na Residencia polo que a carga viral sigue estando presente. Pide que as Administracións se fagan cargo da Residencia