Teléfono social da Xunta 900400800

Close up of telephone on office desk
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O teléfono social da Xunta recibe nos primeiros días preto de 200 consultas e 176 persoas rexístranse como voluntarias para ofrecer apoio e acompañamento

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Goberno galego reforzou o actual teléfono do voluntariado (900 400 800) cun servizo que presta axuda a todo aquel que o precise durante o estado de alarma

Resolve dúbidas sobre o COVID-19, atende a aquelas persoas que precisen apoio psicolóxico especializado e serve para informar de posibles casos de emerxencia social

O teléfono social da Xunta de Galicia recibiu nos dous primeiros días preto de 200 consultas e, ademais, 176 persoas se rexistraron como voluntarias para ofrecer apoio e acompañamento aos cidadáns que o precisen durante este estado de alarma e aos concellos e entidades de acción voluntaria que o requiran.

O Goberno galego reforzou o actual teléfono do voluntariado (900 400 800) cun servizo de axuda aos cidadáns, no que se lle dá prioridade a aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.

Este teléfono permitiu a creación dunha rede de voluntariado que centrará os seus esforzos en dúas vertentes: acompañamento telefónico e axuda a concellos e entidades de acción voluntaria.

Durante estes dous primeiros días recompiláronse os datos daquelas persoas que queren axudar como voluntarias para ambos servizos. Desta maneira, anotáronse 100 persoas para facer un acompañamento a través do teléfono, tras ser derivada a chamada desde o call center, a todos aqueles que se sintan sós. O seu labor será darlle conversa e prestarlle apoio se así o necesitan.

Ademais, inscribíronse 76 persoas para ofrecer a súa axuda a concellos e entidades de acción voluntaria. Agora, que se acaba de pechar a inscrición de voluntarios, a Xunta de Galicia remitirá os datos das persoas anotadas a Cruz Vermella para que poida facer uso deles segundo o precisen.

Máis servizos do teléfono social

A maiores da creación desta rede de voluntariado, o teléfono social tamén ofrece asesoramento en diferentes eidos. O persoal que o atende responde a todo aquel que chame en horario de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana. Así, resolve dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono do 012, que é o que se debe utilizar de xeito preferente. Tamén están á disposición daqueles que necesiten apoio psicolóxico especializado e derivaráselles a un/unha profesional deste ámbito, se é necesario.

Por último, o teléfono social serve para alertar de posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos. Estas situacións son analizadas pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, derivaranse aos servizos sociais do concello.