Victor Valladares o abogado que denuncia a Pedro Sánchez ante o Supremo é de CEA

Víctor Valladares Pérez de 40 anos e veciño de Cea asegurou que acudirá á Sala do Penal para solicitar dilixencias contra o presidente de Goberno por presuntos delitos de prevaricación e delitos de lesións por imprudencia profesional ao permitir a manifestación do 8 de marzo. O avogado diríxese ao Alto Tribunal unhas horas despois de recibir a notificación do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid, na que se admitiu a trámite a súa denuncia contra o delegado do Goberno José Manuel Franco Pardo polos mesmos feitos.