O Concello de Ribadavia continúa e intensifica os traballos de desinfección

O pasado martes iniciamos as labores de desinfección mecanizada. Estivemos actúando en Sanín, As Chabolas, A Groba e Ventosela. Aproveitando o recorrido, e tras falar co alcalde de Cenlle, actúamos tamén na localidade de Saa no concello de Cenlle.
O concello quere reiterar o noso agradecemento ás persoas que, desinteresadamente, poñen á nosa disposición os seus tractores e o seu tempo para levar a cabo estas tarefas.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Onte fixeronse traballos de desinfección mecanizada no núcleo de Ribadavia, en Sampaio, Valdepereira, A Quinza, A Foz, Santa Cristina e San Cristovo. Nesta xornada puidemos contar con 4 tractores cedidos desinteresadamente por veciños e empresas do noso concello, aos que estamos profundamente agradecidos pola súa colaboración. 

Hoxe continuan cos traballos para intentar chegar a todos os puntos do concello que nos faltan. Traballaremos a partir das 20:00 nas localidades de Francelos, Prexigueiro, A Franqueirán, San Andrés e Esposende.

Pregamos aos veciños destas localidades que, na medida do posible, deixen os coches en zonas nas que non haxa vivendas para facilitar as labores de desinfección.