Rosa Fuentes informa das últimas medidas

OS DONOS DE HORTAS E VIÑAS PODERÁN IR A CULTIVALAS SE ESTÁN A MENOS DE 500 METROS DA SÚA VIVENDA.

O Diario oficial de Galicia publicou unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19. Os veciños con hortas e viñedos queixábanse de que o decreto de alarma non lles permitira saír da casa para coidar os seus cultivos. Pois ben, esta nova orde establece que  que atinxe ás persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos ditos cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. Ademais, en ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na parcela e estas deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

AVANTAR ACTIVIDADES