Aviso de Paco Fernández sobre os colectores do lixo de Leiro

Do mesmo xeito, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, tamén emitía un comunicado. Dende o concello entenden que esta situación que nos fai permanecer dentro da casa, pode ser aproveitada para desfacernos daqueles enseres aos que xa non lle damos uso. Debido a iso, refugallos de medio e gran volume, están enchendo os colectores do lixo de Leiro e incluso as beirarrúas dalgunas localidades. Por iso, o concello de Leiro pide aos veciños que agarden a que esta situación termine, para facer unha “limpeza” máis escalada nos seus fogares, contribuíndo con elo a non saturar os servizos municipais, que como é coñecido, están traballando arreo para hixienizar e conter ao máximo a propagación do Coronavirus.

VIDEO