A Dirección do polígono industrial do Carballiño esta a garantir o funcionamento das empresas

A DIRECCIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CARBALLIÑO TRABALLA AO PE DO CAÑÓN PARA GARANTIR O NORMAL DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO DAS EMPRESAS A PESAR DA CRISE SANITARIA

No polígono do Carballiño desenvolven a súa actividade 54 empresas, que dan emprego a 1.050 persoas. A actividade segue no polígono pero cun ritmo mais baixo debido as medidas tomadas para evitar o contaxio do coronavirus. Manuel Carballeda, o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial, destaca a necesidade de seguir mantendo un certo nivel de actividade para poder garantir que as empresas e as persoas  que traballan nelas manteñan o seu ritmo de traballo e de vida. Algunas destas empresas operan no sector da alimentación ou en sectores estratéxicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Tamén se procede a desinfectar o Polígono

Efectivamente, o alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de Seguridade Manuel Sotelo, estiveron esta mañá supervisando a limpeza e desinfección realizada por o Grupo Municipal de Emerxencias xunto co operario que leva o tractor que esparexe o líquido desinfectante. Sotelo, fai extensivo a todo o concello do Carballiño o agradecemento a varios veciños por o ofrecemento dos seus tractores para realizar estas tarefas de desinfección.