Nota da Garda Civil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

TRASMIRAS/ A Garda Civil de #Trasmiras, detivo ás 03:00 horas do día 30 de marzo na Autovia A-52, á altura de #Trasmiras, Dirección Verín, a P.A. B, de 43 anos de idade e a I. S. B, de 40 anos de idade, veciños de Verín, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, cando foron interceptados circulando nun vehículo, onde tras realizar unha identificación, os axentes localizaron escondido no habitáculo do filtro do aire, no interior do motor, un envoltorio que contiña 303 gramos de cocaína. Os detidos foron postos a disposición xudicial onte día 30 ás 13:00 horas no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia, que decretou o ingreso en prisión. A maiores aos detidos formúlaselles unha denuncia por desobediencia por incumprimento da Lei orgánica 4/20.