Estas medidas, enmarcadas na estratexia do goberno provincial para facer fronte á crise do coronavirus, irán destinadas a 18 entidades e foron aprobadas hoxe en Xunta de Goberno extraordinaria
A Xunta de Goberno extraordinaria da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na súa reunión telemática, presidida por Manuel Baltar, destinar un orzamento de 300.000 euros destinado a asociacións e entidades do ámbito social da provincia de Ourense, dentro da estratexia que está a levar a cabo o goberno provincial para facer fronte á crise do coronavirus ( Covid-19). O obxectivo destas axudas é potenciar as actividades relacionadas coa atención urxente ou as que estean relacionadas ou derivadas da crise sanitaria do Covid-19, dada a excepcional situación e os prexuízos que está a ocasionar e as situacións de risco nas persoas socialmente máis vulnerables, quen precisa dunha resposta rápida e adecuada por parte das institucións en forma de medidas paliativas dos efectos negativos desta crise
Neste sentido, a Deputación de Ourense considera especialmente necesaria a colaboración coas entidades privadas sen ánimo de lucro dedicadas á asistencia social na nosa provincia. Estas entidades están directamente en contacto coas persoas afectadas e dispoñen xa de redes de atención ás persoas especialmente vulnerables, así como de mecanismos áxiles de resposta dinámica fronte ás demandas de asistencia social que se van presentando.
Serán subvencionables os gastos de prestación de servizos de asistencias no fogar a persoas especialmente vulnerables ao Covid-19; os servizos a domicilio de subministración de alimentos, bebidas, medicinas ou outros bens de primeira necesidade a persoas especialmente vulnerables ao Covid-19; e a asistencia social a estas persoas a través de casas de acollida ou servizos análogos.
As entidades beneficiarias das axudas e contías son as seguintes:
ENTIDADE | Cuantía de axudas a entidades sociais COVID-19 |
FUNDACIÓN JUANSOÑADOR | 15.000 |
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO OURENSE | 20.000 |
SOCIEDAD DE SAN VICENTE DE PAUL DE ESPAÑA | 15.000 |
FUNDACIÓN RENAL ÍÑIGO ALVAREZ DE TOLEDO | 12.500 |
ALCER OURENSE | 10.000 |
ASOCIACIÓN DE VIUDAS MARÍA ANDREA | 10.000 |
ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE OURENSE | 10.000 |
ATOX | 15.000 |
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ” O VISO” | 25.000 |
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS | 12.500 |
ASOCIACIÓN FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER OURENSE. AFAOR | 15.000 |
ASOCIACIÓN BANCO DE ALIMENTOS DE OURENSE | 30.000 |
ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA | 10.000 |
ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE CROHN E COLITE ULCEROSA | 10.000 |
ASOCIACIÓN REDMADRE OURENSE | 15.000 |
FUNDACIÓN DE SOLIDARIEDADE AMARANTA | 15.000 |
CRUZ VERMELLA OURENSE | 30.000 |
CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE | 30.000 |