Comunicado de prensa do PP de Carballiño

O GRUPO POPULAR NON TEN RESPOSTA DO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A PROPOSTA DE ADAPTAR O ORZAMENTO A SITUACIÓN DE CRISIS CREADA POLA COVID-19

URXE UNHA REUNIÓN DE PORTAVOCES PARA TRATAR DE FORMA UNANIME O XENERAR RECURSOS ECONÓMICOS PROPIOS PARA AS PERSOAS, AUTONOMOS E PEQUENAS EMPRESAS.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Grupo Popular no Concello do Carballiño, está á espera de que por parte do Alcalde se poda ter unha reunión para tratar de pechar un orzamento que na actualidade está en fase de exposición pública, antes de entrar en vigor.

Faise urxente esa xuntanza telemática entre os representantes dos diversos grupos políticos para tentar facer de forma unánime a mellor proposta que xenere a maior cantidade orzamentaria posible para atender ás persoas, autónomos e pequenas empresas e así poder paliar os efectos económicos e sociais que se están a producir na sociedade carballiñesa.

A utilización como instrumento de alegacións e/ou a utilización do remanente orzamentario son os camiños que se deben de emprender, toda vez que nos temos que esquecer das ventaxas do decreto aprobado polo Goberno central  que autoriza a que os concellos gasten o 20% do superavit do ano 2019 en temas sociais, xa que no caso do Concello do Carballiño o superavit do 19 será prácticamente nulo.

Esperamos que por parte do Alcalde do Carballiño, se entendea e atenda a nosa petición de forma urxente, para saber si acepta facer o camiño en conxunto entre todos, tal como é de desexar polos veciños e veciñas do Carballiño.