Comunicado do CCA ( Centro Comercial Aberto )

O CENTRO COMERCIAL ABERTO SOLICITA FLEXIBILIDADE AOS ARRENDADORES DE LOCAIS COMERCIAIS E A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN MUNICIPAL QUE ESTUDIE MEDIDAS DE APOIO AOS AUTÓNOMOS E PEMES, PARA EVITAR O PECHE DE ESTABLECEMENTOS TRAS O LEVANTAMENTO DO ESTADO DE ALARMA POLO CORONAVIRUS

O estado de alarma polo coronavirus está xerando unha situación insostible para a gran maioría dos establecementos comerciais e hostaleiros do Carballliño, polo que o Centro Comercial Aberto solicita a axuda dos arrendadores de locais así como do concello, co obxectivo de evitar o peche de establecementos ao remate desta crise sanitaria, que conleva tamén unha grave crise económica.

Por isto, ao tempo que o CCA amosa todo o seu apoio ao sector comercial e hostaleiro, autónomos e pemes, solicita aos arrendadores a flexibilidade tanto para deixar de cobrar a mensualidade correspondente ao tempo de peche obrigado polo estado de alarma (que xa se ten producido nalgúns casos, o que é de agradecer) como para dar facilidades aos arrendatarios no pagamento destes alugueres.

PUBLICIDADE ELECTORAL