“Falece de coronavirus en Vigo o doctor José Manuel Pérez Vázquez, vinculado a parroquia carballiñesa de Sagra”

Fai un ano Badal Novas faciase eco do falecemento do Doctor José Manuel Pérez Vázquez

O Doctor José Manuel Pérez Vázquez, de 78 anos de idade unha das eminencias da oncoloxía médica en España faleceu en Vigo no Hospital Alvaro Cunqueiro. Os seus pais eran da parroquia de Sagra, aínda que el e os seus irmaos xa nacerón en Madrid. O seu pai traballou no periodico ABC e algún dos seus irmaos tamén. Viña con frecuencia a Carballiño tanto polos seus vinculos con Sagra como os que ten a súa esposa Elena que é da familia Sobrino.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esa volta a estas terras tamén a facian o resto dos irmaos, sobre todo Gonzalo que ten grandes amistades en Carballiño.

Pasaban tamén temporadas en Baiona onde tiñan un apartamento. Nestes días cando se atopou mal estaban precisamente en Baiona e foi internado no Alvaro Cunqueiro onde desgraciadamente faleceu.

Deixanos un extenso curriculum e unha vida entregada á medicina, a investigación e a docencia no mundo da oncoloxía e a medicina nuclear, con varias distinciós durante a súa traxectoria profesional.

a Casa de Galicia en Madrid mandanos a seguinte mensaxe:

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia desexa unir o seu pesar ao sentir da comunidade galega na capital de España pola irreparable perda do “querido, admirado médico e amigo José Manuel Pérez Vázquez que tantas veces honrou coa súa presenza esta Institución”. 


D.E.P