Os ladróns non paran nin co estado de alarma

Onte as 18:00 h un veciño do Carballiño ( dono dun pequeno negocio de servizos esenciales neste estado de alarma ) parou co seu coche nun establecemento do cruce da carretera de Ribadavia para recoller algo que necesitaba para o seu negocio. O problema é que o sair o seu coche xa non estaba. Roubaronllo

A sorte foi que un conductor ca súa furgoneta de reparto que pasaba por ali deuse conta do feito e sen dudar foi detrás do ladrón e a altura do criadeiro de troitas de Toscaña cruzoulle o seu vehiculo obligando a deterse ao ladrón. Este baixou do coche escapando pola pasarela de madeira. Avisadas a policía local e a garda civil montarón un operativo de busca localizando o individuo na zona da gasolinera do Xardín. Nese tempo xa reventara a porta dun camión ali aparcado roubando unha cazadora.

AVANTAR ACTIVIDADES

Foi detido, facendose cargo do mesmo a Garda Civil. É veciño da zona e ao parecer delincuente habitual