Podemos Carballiño denuncia as listas de contratación do SERGAS

A situación de alarma que estamos atravesando motivada pola pandemia producida polo
COVID-19, fai que se estean tomando medidas excepcionais para poder poñer freo a esta
situación.
Tanto dende o goberno central, dende os gobernos autonómicos como dende os entes locais
estanse tomando medidas e aplicando protocolos que tocan os distintos ámbitos e áreas que
están afectadas pola situación actual: medidas sanitarias, laborais e sociais.
Pero contemplamos con estupor e certa incredulidade o xeito de proceder en medidas que se
están a tomar en materia laboral dende a Xunta de Galicia.
Nun tempo onde o que debería primar é a suma de todas as forzas e de todos os colectivos
contra un inimigo común como é o COVID-19 que non distingue de ideoloxías nin de ideais,
hai quen sigue en buscar o xeito de sacar rédito a través de medidas que non se poden
permitir. Sexan no ámbito que sexan.
As políticas laborais desenvoltas pola Xunta de Galicia en máns de Feijóo, volven
mostrarnos como seguen a xogar coa precariedade e necesidade das galegas sin
excepcións, como podería ser a situación tan delicada e extraordinaria que estamos a
vivir por causa da crise sanitaria causada polo COVID-19.
O pasado 23 de marzo a Dirección Xeral de Recursos Humáns do SERGAS e a Dirección
Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda quitaban unha resolución conxunta pola
que se establecía o procedemento para a cobertura temporal de postos nos respectivos
ámbitos, ante o incremento da carga asistencial derivada da atención do COVID-19.
En dita resolución, no seu punto tres regúlase o procedemento a seguir no caso que se
requiran aspirantes das listas de selección temporal xestionadas polo Servizo Galego de
Saúde (SERGAS).

Estas persoas que sexan chamadas para dar cobertura en centros SOCIOSANITARIOS e
acepten, pasarán a formalizar un contrato laboral nun centro sociosanitario (enténdese que no
mesmo no que vai prestar o servizo) e cobrarán o soldo correspondente a ese posto.
Pero o problema ven no que sigue a continuación:
“DITOS SERVIZOS PRESTADOS COMPUTARANSE NO APARTADO DE
SERVIZOS PRESTADOS NOUTRA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, NON COMO
PRESTADOS NO SERGAS.”
É dicir, estas persoas aparte da súa enorme labor asistencial que están facendo en unha
situación tan excepcional como a que estamos a vivir, que son quenes coidan de todas
nós, expoñéndose e dando exemplo de como con vontade, altruísmo e solidariedade se
mantén un sistema sanitario público desmantelado e farto de sufrir recortes, son
contratados para facer labores en centros sociosanitarios, están nunhas listas de
contratación temporal do SERGAS, cobrarán por desenvolver as súas funcións nun
centro sociosanitario, e resulta que o servizo prestado NON computará como servizo
prestado ao SERGAS?

¿Como llo van computar?; ¿Como servizo desbrozando nos montes?; ¿Ou como servizos de
utiller ou conserxe?
Este xeito de proceder da Xunta de Galicia só é un insulto máis cara as galegas, cara o
persoal sociosanitario e unha ilegalidade á hora de facer cumprir a lexislación laboral.
Dende o Círculo de Podemos no Carballiño, daremos traslado da denuncia de esta
medida incomprensible, desdeñable, inxusta e ilegal en material laboral, ás institucións
responsables ( Dirección Xeral de Recursos Humáns do SERGAS e a Dirección Xeral
de Función Pública da Consellería de Facenda), solicitando a súa modificación para
que os servizos prestados por estas persoas se computen como SERVIZOS
PRESTADOS NO SERGAS, como así corresponde dada a situación e labores a
desenvolver por ditas persoas, de acordo aos seus contratos.
De non modificarse dita medida, reservámonos o dereito de tomar as medidas
oportunas que vexamos precisas para que a mesma sexa modificada.
Animamos, tamén, as persoas que se vexan na situación de firmar estes contratos motivados
polo requirimento de aspirantes das listas de selección temporal xestionadas polo Servizo
Galego de Saúde (SERGAS), a presentar as oportunas reclamacións perante á Dirección
Xeral de Recursos Humáns do SERGAS, á Dirección Xeral de Función Pública da
Consellería de Facenda, á mesa de contratación e a mesa de resolución de incidencias nas
listas de contratación do SERGAS.
Trátase de loitar contra o COVID-19, non de tentar manter favoritismos nas listas de
contratación de ningunha administración.
Si te contratan para facer funcións de sanitario/a, ERES SANITARIO/A.
A espera de que se tomen as medidas oportunas e a corrección pertinente con respecto a esta
situación pexorativa para o noso persoal sociosanitario e de coidados, só nos queda
agradecer unha vez máis, o gran traballo e profesionalidade que está a facer todo o
persoal laboral e voluntariado que estes días tan difíciles, fan que esta loita contra o
COVID-19, cada día estea máis cerca de chegar ao seu fin.