Posponse a celebración da 57º feira do viño do Ribeiro

IES CHAMOSO LAMAS

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) comunica que, debido á situación especial que vivimos por mor do coronavirus, decidiuse adiar a celebración da 57ª edición, prevista este ano para os días 1, 2 e 3 de maio de 2020.

HIPER MASIDE

Nos vindeiros días, en función da situación e das medidas que tome o Goberno cando remate o confinamento de toda a poboación e se decrete o fin do Estado de Alarma no que estamos inmersos, levaranse a cabo varias reunións, tanto cos participantes inscritos para esta edición (adegas e colleiteiros) como entre os propios membros da organización, para debater e consensuar se o evento se puidera celebrar noutras datas ao longo do ano 2020 ou se, polo contrario, se cancela ata o vindeiro ano e ter lugar o evento no 2021.