Primeiro positivo por coronavirus en San Amaro

COMUNICADO DO CONCELLO DE SAN AMARO

Dede o Concello de San Amaro: Lamentamos comunicar o primeiro caso positivo confirmado de coronavirus no Concello. Trátase dun único caso, identificado e controlado, que se atopa cumprindo o protocolo establecido baixo illamento domiciliario.
A persoa afectada evoluciona favorablemente e esperamos a súa pronta recuperación.
Dende o Concello estase actuando segundo o protocolo establecido e facemos un novo chamamento a todos os veciños e veciñas, solicitando a máxima responsabilidade para que extremen as precaucións.
Recordamos a importancia de seguir as recomedacións das autoridades sanitarias e as medidas de prevención ditadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia.
Salvo causa de forza maior, recordamos
¡¡¡QUEDA NA CASA!!!

AVANTAR ACTIVIDADES