A Deputación doa material sanitario a Xunta para repartir na provincia

VIDEO

A Xunta de Galicia recibiu o material de protección contra o coronavirus que a Deputación de Ourense vén de doar ao Goberno galego para repartir entre concellos da provincia ourensá. Así, o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, entregoulle á delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, 41.000 unidades de protección (mascarillas e guantes) e 500 litros de xel desinfectante, material que será enviado á plataforma loxística posta en marcha pola Xunta para centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual durante o estado de alarma.

AVANTAR ACTIVIDADES

Díaz Mouteira puxo en valor a cooperación da Deputación ourensá coa Administración autonómica que respondeu á solicitude  realizada polo Posto de Mando Avanzado (PMA) de Ourense co obxectivo de atender ás necesidades dos concellos ourensáns para afrontar o Covid-19,  ante a escaseza de subministración do Goberno central.