O Psedg Psoe de Ourense pide o alcalde que deixe a “demagoxia barata” ca rebaixa do seu soldo

O PSdeG-PSOE de Ourense instan ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a que se deixe de realizar anuncios “oportunistas” só “para buscar a foto”, nunha situación de emerxencia como a que os cidadáns están a vivir. Despois de que Pérez Jácome proclamara hoxe que pretende “renunciar” ao 30% do seu salario como alcalde mentres dure a crise da COVID-19, os socialistas consideran esta proposta “demagoxia barata” xa que esta retribución soamente se pode modificar mediante a súa aproboación polo pleno da corporación municipal, que é quen o ratifica, e nunca por unha decisión ou “ocorrencia” do propio alcalde.

Deste xeito, o alcalde seguirá a cobrar o seu salario íntegro -o cal ascende a 68.383,90 € anuales- , como xa fixo no mes de marzo, cantidade que despois poderá donar tal e como fan a diario moitos cidadáns e non o publicitan, explican dende o seo socialista. O grupo municipal insta a Gonzalo Pérez Jácome a que leve dita rebaixa a súa aprobación no pleno onde está representada toda a corporación e se deixe de “enganos e ocorrencias pensando soamente en saír na foto que é o único que lle importa”, chegando a aproveitarse incluso destas graves circunstancias que se están a vivir, especialmente en días como hoxe cando se coñece que, entre outros danos económicos, as cifras de galegos e galegas en afectados por ERTEs superan ao total da población da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas pídenlle ao grupo de goberno de Democracia Ourensana que “deixe de facer populismos e vender imposibles”, e que se verdadeiramente quere contribuir na reducción do gasto consistorial para empregar fondos públicos co fin paliar os efectos desta crise sanitaria “recorte no aumento de asesores e amiguetes postos a dedo” que elevou ao máximo posible, pasando de 12 a 27, cifra que supera con creces o 30% do seu salario como rexidor da terceira cidade de Galicia.