PP donará 1425 € a Protección Civil do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PARTIDO POPULAR DO CONCELLO DO CARBALLIÑO DONARÁ O IMPORTE PROCEDENTE DE ASISTENCIA A COMISIONS INFORMATIVAS E PLENOS E ASIGNACIÓN AO GRUPO MUNICIPAL DE DOUS MESES.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A CANTIDADE DE 1.425,00€ E DECÍDESE ENTREGARLLA Á AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CARBALLIÑO

Faise coa estimación de 2 plenos, e 2 comisións informativas que sería o lóxico en 2 meses, máis co correspondente a 2 mensualidades da asignación ao Grupo municipal, e eses serán os recursos cos que se pretende por parte de todos e cada un dos concelleiros e concelleira do grupo municipal, ter un xesto de solidariedade nunha situación transcendental no social e no económico do noso pobo.

Decídese neste caso que sexa entregada esta cantidade á agrupación de Voluntarios de Protección civil do Carballiño, que nestes días están a facer un gran esforzo de forma altruísta e para que poidan facer fronte a gastos que se lles xere dentro da propia agrupación e como xesto de agradecemento cara a eles.

A cantidade será entregada nestes días para que poidan dispoñer dela sen ter que esperar a que sexa pagado por parte do Concello aos membros do Grupo Municipal Popular.