Lito Cerdeira alcade do Irixo fai un chamamento a tranquilidade pero lembra: ” QUEDAR NA CASA “

O PENÚLTIMO CASO QUE SUMABAMOS NA NOSA CONTORNA É O DUNHA MULLER DO IRIXO

É o primeiro caso de Coronavirus no Irixo. A muller, de 84 anos, atopase estable, ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os seus familiares directos non presentan ningún síntoma de estar infectados polo cal pôde-se considerar este como un caso aillado.

Debido a isto o alcalde, Manuel Cerdeira fai un chamamento a tranquilidade pero lembra cumplir a recomendación de QUEDAR NA CASA.

E se temos algúnha necesidade de medicamentos ou comida, chamar o 988.287.400, ou o 653.640.678. Así mesmo roga a aquelas persoas que viven en vilas ou cidades mais grandes que veñan o Irixo cando sexa necesario para coidar os seus animais, pero se absteñan de vir todos os días porque poden ser un foco de infección nun concello con preto dun 60% da súa poboación de avanzada idade.

Por outra banda, o concello do Irixo anunciou hoxe que para que aquelas persoas traballadoras autónomas ou pemes que teñan o seu domicílio fiscal ou estean empadroadas no Irixo, daranlles una aportación económica correspondente o importe da cuota de autónomos do mes de marzo.

VIDEO