Dede o Concello do San Amaro: Lamentamos comunicar a existencia de tres novos casos positivos confirmados de coronavirus no Concello.
Trátase de dous casos controlados, que se atopan actualmente ingresados no Complexo Hospitalario de Ourense, e un terceiro que xa foi dado de alta e atópase na súa vivenda cumprindo co indicado polas autoridades sanitarias, baixo illamento domiciliario.
Dende o Concello seguimos actuando segundo o protocolo establecido e facemos un novo chamamento á responsabilidade de todos os veciños e veciñas.
Recordamos que non deben acudir ó Centro de Saúde, salvo casos de urxencia. Ademais, recordámoslle a obrigatoriedade de cumprir coas medidas adoptadas e gardar a distancia de seguridade en todos os casos.
Repetimos que a única medida para evitar a propagación do virus é QUEDAR NA CASA.
¡¡¡QUÉDATE NA CASA!!!