O concello en contacto coas direccións dos centros educativos

O CONCELLO ESTÁ EN CONTACTO COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS PARA COLABORAR EN CANTO PRECISEN E PODA SER VIABLE PARA FACER CHEGAR A AQUELES ALUMNOS E ALUMNAS QUE NON DISPOÑAN DE MEDIOS TELEMÁTICOS CALQUERA TRABALLO EDUCATIVO QUE SE PROPOÑA

O concello do Carballiño mantén contacto coas respectivas direccións dos centros educativos co obxectivo de colaborar en canto sexa de utilidade e poda ser viable.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta colaboración refírese a poder facer chegar a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan de medios telemáticos calquera traballo escolar que se propoña por parte dos centros, como fotocopias ou outro tipo de material escolar.

Debido ao elevado número de alumnos e alumnas dos centros educativos carballiñeses, esta colaboración non se pode levar a cabo de forma xeralizada, ou atender ás necesidades da totalidade do alumnado, a través dos seus pais, nais ou titores, senón que se debe canalizar a través das direccións dos centros, cos que está en contacto o concello.