Espazo Común: “O Goberno do Carballiño rebasa os límites do caciquismo cun reparto de mascarillas baseado no amiguismo”

NOTA DE PRENSA DE ESPAZO COMÚN

O GOBERNO DO CARBALLIÑO REBASA TÓDOLOS LÍMITES DO CACIQUISMO E A MISERIA CUN REPARTO DE MASCARILLAS BASEADO NO AMIGUISMO E O INTERESE POLÍTICO

Sen ningún criterio sanitario nin priorizar ás persoas de máis risco, foron repartidos polo tenente de alcalde no seu coche particular, un gran número destes elementos de protección tan necesarios para moita xente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esiximos o cese fulminante do tenente de alcalde Manolo Dacal pola súa insistencia en vender favores políticos porta a porta, sen respectar o confinamento e poñendo en risco a saúde pública daqueles aos que “agasalla”.     

           

Espazo Común leva dende o primeiro momento do estado da alarma exercendo a responsabilidade de deixar a crítica política a unha beira para tentar aportar solucións útiles para a complexa situación vital na que se atopan moitos veciños e veciñas do noso pobo.

Levamos semanas observando como lonxe de buscar o consenso e traballar polo ben común, o goberno dirixido por Paco Fumega, segue na súa liña de falsidades e autobombo sen un verdadeiro proxecto para o incerto futuro que se nos presenta a todos. Sen embargo, aínda así, optamos por tentar suplilo con propostas concretas e facendo o traballo que deberan estar facendo eles, reservando as valoracións sobre a xestión para cando todo esto remate.

Pero no día de hoxe, confirmamos unha información de tal gravidade que non pode agardar máis para ser denunciada.

O tenente de alcalde Manolo Dacal andivo a repartir ao seu capricho, a quen el considerou oportuno, un gran número de mascarillas de protección sen respectar criterio sanitario algún e baseándose só na súa lista de amizades.

Esta actuación trascende tódolos límites aceptables de desvergoña política e supón unha inaceptable falla de respecto pola saúde de todos aqueles que poidan precisar mascarilla.

 Son moitos os que as buscan sen atopalas e poden quedar sen ela ao non acharse na lista de preferencias do concelleiro que se adica a especular buscando un miserable beneficio político,.non E polo tanto, que non recibirán do Concello este elemento de protección que lles pode resultar imprescindible para a protección da súa saúde.

Ante semellante desfachatez, esiximos ao alcalde Fumega que tome medidas inmediatas co cese fulminante do que é o seu segundo e que semella pensar que está por riba do ben e do mal e que pode decidir quen ten dereito a recibir mascarillas e quen non.

Asemade insístimolle ao alcalde na necesidade de comezar a tomar medidas reais dende o Concello do Carballiño mercando 30.000 mascarillas para repartir entre toda a poboación e non só entre os amigos dos concelleiros.