Este medio púxose en contacto con Manuel Dacal que se amosa moi disgustado e decepcionado polas acusacións de Espazo Común. Di que o reparto de mascarillas entre a poboación de mais risco estáse a facer en todos os concellos. Que dende que comezou esta crise encargase de xestionar as necesidades alimentarias, de medicinas e de aloxamento da xente maior que vive soa ou das familias mais vulnerables e ao igual que o reparto de mascarillas o está a facer de xeito absolutamente equitativo e obxectivo aos maiores de 80 anos. Dacal asegura que non vai a dimitir e que nestes momentos este tipo de política está absolutamente fora de lugar e non é o que a veciñanza agarda dos seus políticos nun momento tan crítico como o que estamos vivindo.
VIDEO