Guerra mundial contra covid-19 Todos somos soldados : Alerta a Igrexa Católica – Alerta para gasolineras

ALERTA A IGREXA CATÓLICA

Acaba de chamarme miña nai, Amparo Dobarro “Pandereteira de Zobra”, que vai chamar o responsable de abrir a Igrexa para que non prepare as “cousas” para darlle o “BICO O SANTO”.
Nesta guerra, non hai ideoloxias, nen credos, é todos temos que respetarnos, máis que nunca.
Esta costume secular, de darlle O Bico o Santo, está moi arraigada especialmente no Rural de Galicia, onde como todos saben, non hai curas, para que transmitan a información os Sacristáns do Rural.
Sei que todas as igrexas urbanas están pechadas, pero esta información, non sei se transmitiu coa suficiente contundencia, a todas as igrexas do Rural de Galicia.
ESTE ANO HAI QUE DARLLE “O BICO O SANTO QUE CADA QUEN TEÑA NA SÚA CASA”.

AVANTAR ACTIVIDADES

ALERTA PARA GASOLINERAS

Por favor :
Repsol, CEPSA, e outras multinacionais con gasolineiras, protexan os seus traballadores,e corten as cadeas do COVID19.
Hai persoas que aínda teñen que viaxar, e os traballadores, non gardan distancias de seguridade, que nas gasolineiras, ten que ser de 2-3 metros, polos habituais “refachos ” de vento.
Como dixo, fai 4 días o Ministro de Saúde de Francia, si non teñen Mascarillas, que usen un fular de algodón con varias voltas tapando as vias respiratórias.
Unha cancela aberta a ese bicho que estou vendo tódolos dias.
¡¡¡ TEÑAN ALGO DE IMAXINACIÓN!!!