O Concello de Ribadavia ven de poñer en funcionamento unha ” cadea de mascarillas solidarias “

Este proxencto faise en colaboración coa asociación de Mulleres Rurais de Ribadavia, e cun grupo de voluntarias a título individual. As máscarillas serán de tela e repartiranse entre os comercios que permanezan abertos e a veciñanza que as necesite.

Se tes máquina de coser e queres formar parte desta “Cadea Solidaria” podes chamar de 10:00-14:00 ou enviar un whatsapp aos seguintes números de teléfono:

AVANTAR ACTIVIDADES

Inés 619 411 482

Merce 647 470 002

É importante saber que este producto non estará estéril, polo que é necesario manter as medidas de protección necesarias para a súa manipulación (guantes e mascarillas desinfectadas)

Lavar e secar antes da súa utilización.

En breve estarán listos os primeiros lotes para comezar co seu reparto.

VIDEO