Os concellos ofrecen un servizo de impresión gratuito para os estudantes

Esta iniciativa, que puxeron en marcha unha boa parte dos concellos da nosa contorna, é para imprimir fichas, traballos e apuntes dos escolares e universitarios que o necesiten. Hai familias que non teñen impresora e as tendas que ofrecen este servizo están pechadas.

A maioría dos concellos indican un aderezo electrónico ao que os alumnos deberán enviar os archivos a imprimir e a dirección onde deberán ser entregados. 

AVANTAR ACTIVIDADES

No concello de Ribadavia os estudantes deberán escribir a casacultura@ribadavia.es.

Os de Cortegada deberán dirixirse ao teléfono 988.483.001 ou a cultura.concellocortegada@gmail.com.

En Melón, debemos preguntar no teléfono 988.481620.

Os alumnos de Leiro deberán enviar os archivos cemit.leiro@xunta.gal e logo, recollelos impresos no Concello.

En Cenlle, hai que dirixirse ao enderezo concello.cenlle@gmail.com

A dirección para imprimir de Beariz é alcaldia@beariz.org ou chamando ao concello ao 988284000

Maside ofrece o email concello.maside@eidolocal.es

No caso do Irixo, farémolo co enderezo concello.irixo@yahoo.es

Os alumnos de San Amaro deberán escribir a concellodesanamaro32074@gmail.com

Cea ofrece o email cultura@concellodecea.com

O concello de Boborás ofrece tamén este servizo de impresión e amplíao ao préstamo de ordenadores para as familias que non dispoñan deste ferramenta indispensable agora para seguir as clases co uso de plataformas de teleformación e o envío de correos de tarefas.  

A solicitude dos servizos está activa online en estudonacasa.boboras.gal, e tamén se pode facer por escrito ou chamando ao teléfono do concello 988402008 en horario de oficina.

VIDEO