Ribeiro en Común pide que o Concello denuncie ao Sergas

Ribeiro en Común pide que o Concello denuncie ao SERGAS se non cumpre o seu anuncio de facer esta semana as probas no Asilo.

Denunciamos que o Concello puido ter comprado Test rápidos e non o fixo, e a pesar de que foi pedido polo noso grupo. Así mesmo, pedimos que o SERGAS realice tamén as probas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

AVANTAR ACTIVIDADES

Pedímoslle ao goberno local que volva á senda do consenso cos grupos municipais e centre os recursos municipais en saír desta crise: Probas-test e Medidas de apoio económico e social.

Pedimos transparencia sobre a información real de afectados no noso municipio.

Hoxe acudimos presencialmente ao Concello para manter reunión con técnicos municipais para abordar:

1º. Situación das Probas- Test COVID19 en Ribadavia.

2º. Plan de Axudas a Autónomos e Plan de Axudas sociais.

1º. Hoxe, tras rexistrar por enesima vez a reclamación de Probas- Test COVID19 en Ribadavia para Asilo e SAF, desde a Alcaldía contestousenos que o SERGAS ven de anunciarlle que “esta semana procederá a realizar as probas no Asilo”. Tamén nos respondeu a Alcaldía que os test que xa realizaron Asilos privados eran comprados por eles.

Para Ribeiro en Común, ademais de que este anuncio do SERGAS e da Alcaldía chegan tarde, esixiremos que sexa cumprido. Non nos parece de recibo a resposta dada de que “outros Asilos os tiñan comprados eles mesmos”, xa que tiñamos pedido desde fai semanas que se estudara a posibilidade de comprar estes test polo Concello, e non se fixo. Pola contra, asumiuse pasiva e submisamente os criterios do SERGAS no lugar de intentar todas as posibilidades en favor dos intereses de Ribadavia.

– Tampouco asumimos nin compartimos que este “anuncio” do SERGAS de realizar esta semana as probas non inclúa ao Servizo de Axuda no Fogar.

– De non ser realizadas inmediatamente estas probas e a Xerencia provincial do SERGAS non cumpra o anuncio, pedimos que o Concello denuncie a indefensión que lle están a causar a Ribadavia.

– Ribeiro en Común cre que non é momento de facer por agora valoracións, pero ve moi negativo que a Alcaldía rompera unilateralmente o necesario e bo consenso que existía nesta grave crise no Concello, desprezando a axuda e cooperación dada por todos os grupos municipais. A Alcaldía está dedicando estes últimos días maior preocupación e tempo á actividades accesorias que a solucionar a situación de tensión e estrés que se vive no noso Asilo e nos servizos municipais. Situación que está xenerada pola incertidume de estar máis de 15 días sen realizar as Probas que os propios protocolos sanitarios esixen, e mesmo sitúan ao noso Asilo como prioridade pola nosa realidade interna.

– Compre recordar que estamos no medio dunha grave crise sanitaria, social e económica, e o Concello debe poñerse a traballar en serio. Volvemos a ofrecer a nosa man tendida e cooperación para facelo.

– Ribeiro en Común tamén esiximos que o SERGAS provincial proporcione datos reais sobre o noso municipio, xa que temos datos que nos confirman que non se está dando información de afectados e o seu estado.

2º. Axudas Autónomos: mantivemos encontro coa Intervención Municipal para abordar os prazos e liñas concretas da Moción que o noso grupo ten rexistrada para a Aprobación de Axudas aos Autónomos de Ribadavia e outras Axudas de benestar social. A outra cara desta terrible pandemia é a crise social e económica. As axudas de outras Administracións ou tardarán en chegar ou non quedan de todo claras, por iso reclamamos e propuxemos un Plan de Axudas a Autónomos e outro Plan de Axudas sociais. Hoxe estivemos intercambiando opinións cos técnicos municipais, e o antes posible trasladaremos a nosa proposta a asociacións profesionais e sindicais, para que poidan facer tamén as súas aportacións e visións.

Volvemos reclamar un Pleno neste mes de abril para aprobar a finais de mes estas Axudas, polo que nestas semanas o traballo consistirá en consensuar e concretar as axudas entre os grupos, técnicos municipais e o tecido asociativo e profesional.