O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, expresou hoxe a súa total respaldo ao adiamento dunha das probas máis importantes do calendario europeo de remo, a Coupe da Jeunesse, que ía celebrarse este verán en Austria (Linz), o próximo ano en España (Castrelo de Miño) e ao ano seguinte en Holanda (Amsterdam). Neste sentido, a presidenta da Federación española de remo, Asunción Loriente, enviou unha carta ao presidente Baltar para consultarlle o seu parecer respecto diso, ao cal o presidente da Deputación de Ourense mostrou o seu total acordo, en concordancia co expresado polos organizadores desta gran cita deportiva do remo europeo, que propoñen aprazar un ano o tres probas, por mor da pandemia do Covid-19.
Desta maneira, segundo expresou o presidente da Coupe da Jeunesse, Gary Harris, logo de consultar ás respectivas federacións e se todas as sedes mostran o seu acordo, o calendario quedaría fixado coas seguintes datas: Linz en 2021, Castrelo de Miño en 2022 e Ámsterdam en 2023, manténdose o resto de condicións e características do evento.
Manuel Baltar agradece á presidenta da Federación española de remo, a súa magnífica disposición para alcanzar un acordo que favoreza os intereses de todas as partes, tanto no que respecta ao remo da provincia de Ourense, como ao do ámbito nacional e europeo, para manter unha posición conxunta polo ben desta proba e do remo en xeral.
A Coupe da Jeunesse é unha competición de remo internacional que se celebra anualmente, con categoría de campionato de Europa, entre os atletas máis novos, masculinos e femininos, con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos. Foi creada en 1985 e participan países como Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Suíza e España.