Alfredo Prada Freixedo: A conservación da cova de Altamira

Alfredo Prada Freixedo: conservador restaurador do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira.

Artigo: A CONSERVACIÓN DA COVA DE ALTAMIRA E DA SUA ARTE RUPESTRE

AVANTAR ACTIVIDADES

A cova de Altamira é unha obra maestra da arte universal, testemuño excepcional dunha tradición cultural desaparecida, dunha paixase e dun conxunto tecnolóxico que ilustra, como poucos outros, un período significativo da historia da humanidade. Por elo foi inscrita na lista Patrimonio Mundial da Unesco en 1985.

Cova de Altamira. Entrada actual e placa conmemorativa “Altamira Patrimonio Cultural da Humanidade”. Teito da Sala de Polícromos

A cova de Altamira atópase en Santillana del Mar, Cantabria. Presenta un percorrido máis ou menos lineal de aproximadamente 290 metros, ensanchándose nalgunhas zonas como a Sala de Polícromos ou a denominada Gran Sala. Ten o privilexio de ser a primeira cova na que identificouse a existencia da arte rupestre do período paleolítico. Foi descuberta no ano 1868 e a súa arte rupestre no 1879 por Marcelino Sanz de Sautuola e a súa filla María. O hachazgo foi publicado un ano despois na obra “Breves apuntes sobre algunos objetos prehistóricos de la provincia de Santander”, onde Marcelino atribuíu ás pinturas e gravuras ó período paleolítico. A aceptación da autenticidade das pinturas da cova pola comunidade científica prodúsoxe no ano 1902.

Os criterios empregados para a xestión e custodia da cova de Altamira levaron á aplicación dunha serie de medidas tendentes a protección da cova, das súas pinturas e do seu entorno co obxectivo de garantir a súa correcta conservación.

Localización e planta da cova de Altamira.

Estas medidas as cales nos referimos englóbanse baixo o concepto de Conservación Preventiva. A Conservación Preventiva defínese como a estratexia de conservación do Patrimonio Cultural que propón un método de traballo sistemático para identificar, avaliar, detectar e controlar os riscos de deterioro de cal quer Ben Cultural, co fin de minimizar ditos riscos, actuando sobre a orixe dos problemas, os cales xeralmente atópanse nos factores externos os propios Bens Culturais.
Efectivamente, as estratexias de conservación teñen como obxectivo a eliminación das causas de deterioro. A única garantía de preservación a longo prazo é mediante o control dos axentes de alteración que produciron a degradación e que poden reactivala nun futuro.

Nunha cova, o ambiente de conservación pódese considerar certamente inestable. A interacción entre os diferentes axentes de alteración (CO2, temperatura, humidade, …) xenera unha dificultade engadida para prever e consecuentemente controlar os posibles danos. Isto é tanto máis importante canto máis inestable é o ambiente de conservación, onde a máis mínima intervención pode producir efectos secundarios irreparables.Para o caso de Altamira as medidas encamiñadas a identificar, detectar e avaliar os riscos de deterioro, así como ir na procura de minimizalos, quedan recollidas no seu Plan de Conservación Preventiva. Iste Plan enténdese como a ferramenta que engloba os medios e as accións necesarias para a correcta conservación da cova e por extensión da súa arte rupestre

Esta metodoloxía de traballo consiste na elaboración dun diagnóstico preciso do estado de conservación que leva a identificar e valorar os riscos de deterioro existentes na cova de Altamira. Todo elo tradúcese na activación dunha serie de protocolos de seguimento e control que teñen como único obxectivo minimizar os ricos garantindo a conservación. Os protocolos que aplícanse actualmente na cova de Altamira enfócanse en controlar e minimizar tres dos factores máis preocupantes para a conservación da cova como son os procesos de deterioro naturais intrínsecos a propia cova, a proliferación de microorganismos e o non menos importante factor antrópico.

Cova de Altamira. Teito da Sala de Polícromos.

O “control de estado de conservación” é como denomínase a un destes protocolos. Supón o primeiro nivel de detección ante posibles alteracións que poden darse no interior da cova. O conservador restaurador do Museo de Altamira realiza visitas periódicas a cova para detectar calquer indicio de alteración ou deterioro que se poida producir. Entre as accións dentro deste protocolo está a disposición dunha serie de “testemuñas” no chan da Sala de Polícromos para detectar posibles zonas de goteo activo con eventuais perdidas de pigmento ou soporte. Esta acción complétase cun seguimento e control de diferentes zonas do teito da Sala mediante a técnica de microfotogrametría de alta resolución que permite medir de xeito obxectivo e preciso as alteracións, rexistrando a súa evolución. A selección destas zonas de control responde a superficies do teito moi sensibles en canto a súa conservación e teñen que ver con procesos de proliferación de microorganismos e/ou procesos de lavado e arrastre de pintura ou soporte.

Disposición das testemuñas no chan da sala de Polícromos para o seguimento dos puntos de goteo.

O seguimento ambiental é outro dos protocolos que realizamos na cova de Altamira. Mediante a colocación das estacións de medición ambiental nas diferentes salas da cova, comprendemos e avaliamos a dinámica ambiental da mesma, atendendo a variables como a humidade, o CO2, a presión atmosférica ou a temperatura. Ademais a medición e rexistro destes parámetros permítenos establecer diferentes niveis que determinan a posibilidade ou non de acceso a cova.

Sala de Polícromos. Control microambiental. Ubicación das estacións de medición ambiental.

Resumindo, podemos afirmar que os procesos de alteración natural das pinturas e da cova de Altamira existen e continuarán. Estes procesos de degradación foron constantes aínda que lentos, sobre todo despois do colapso da boca da cova fai uns 13.000 anos. Co descubrimento da cova, as intervención antrópicas e as visitas masivas, a degradación reactivouse e incluso acelerouse. Se ben é certo que é practicamente imposible evitar o deterioro, en nosa man está minimizalo mediante a aplicación de medidas encamiñadas ó control e estabilización, medidas como as que na actualidade estanse a desenrolar dentro do Plan de Conservación Preventiva da cova de Altamira.