Programa ” A cultura non para en Ribadavia “

O CONCELLO DE RIBADAVIA PON EN MARCHA O PROGRAMA CULTURAL “A CULTURA NON PARA EN RIBADAVIA”

Con este programa, o concello pretende empregar as redes sociais municipais como circuito de representación de actividades culturais para os artistas locais durante o período de confinamento.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Ribadavia puxo en marcha, durante este período de confinamento, o programa cultural “A Cultura Non Para En Ribadavia” (#ACulturaNonParaEnRibadavia). Este programa emprega as redes sociais municipais como espazo cultural no que os artistas locais poden levar a cabo actuacións para que a cidadanía disfrute da cultura neste período de confinamento durante os fins de semana e os festivos.

Neste sentido, o concello contactou con peroas de Ribadavia que desenvolven actividades relacionadas coas artes nos seus diferentes ámbitos para que contribúan con un vídeo da súa actuación para publicalo nas redes sociais do concello ao longo do fin de semana. Esta iniciativa desenvólvese de xeito continuado nos fins de semana dende a pasada Semana Santa, período no que se puideron ver xa as aportacións artísticas do Mago Alber, Joel Montoya e Amadeo Neira, e seguiranse a programar actuacións todos os sábados e domingos ás 19:00 dende as redes sociais do Concello de Ribadavia.

O programa #ACulturaNonParaEnRibadavia pretende aglutinar as aportacións dos artistas locais de diferentes modalidades que van dende a maxia á música, pasando por artes escénicas, variedades ou poesía. Deste xeito, dende o Concello de Ribadavia pretende darse a coñecer tamén o enorme potencial e a enorme capacidade de creación artística e cultural que ten a sociedade ribadaviense, unha sociedade sempre moi activa e vinculada coa cultura.

Dende o Concello de Ribadavia queremos agradecer enormemente a contribución e o ncompromiso de todos os artisatas locais que teñen xa enviado actuacións para ser divulgadas, e animamos aos que aínda non o fixeran a que den o paso tamén e nos acheguen as súas actuacións para contribuir a que a cultura non paré en Ribadavia.