Ribeiro en Común lamenta que o Alcalde rompera a unidade política coa Crise do COVID19.

Ribeiro en Común lamenta que o Alcalde rompera a unidade política que existía na Corporación coa Crise do COVID19.

Esiximos volver á unidade e deixar fora os intereses partidarios e as maneiras totalitarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non é de recibo a tardanza das Probas nun Asilo con positivos nos que a Xunta chega tarde e aínda menos que o Alcalde asumira esa tardanza submisamente.

Ribeiro en Común denuncia que o Alcalde non quixo facer público os casos positivos do Asilo. Todos os grupos da oposición pedimos reiteradamente que o goberno fixera pública a información de casos no noso concello sen ocultar información á cidadanía, a última vez que se lle solicitou foi no día de onte ante o coñecemento do terceiro caso no Asilo, o primeiro dunha residente, e a resposta recibida foi o ataque á oposición.

Lamentamos que onte o Alcalde anunciara a chegada para mañá das Probas do SERGAS ao noso Asil, tras 18 días de espera. E sobre todo lamentamos que o anunciara atacando á oposición que o estivo apoiando en toda esta Crise do COVID19 con moita lealdade e xenerosidade.

O Alcalde que tardou 3 semanas en conseguir os Test-Probas desde que se tivo o primeiro positivo no Asilo, o Alcalde que decidiu non comprar os Test a pesar dos positivos internos do Asilo e da demora excesiva da Xunta e do SERGAS, por riba de todo isto aínda se atreve a sacar a bandeira partidista e atacar a unha oposición que foi leal coa institución que el representa.

Ribeiro en Común está na obriga de denunciar o agravio que se deu esta última semana cando a tensión e estrés entra traballadoras medraba e non aparecían as probas por ningures, e o SERGAS facía test noutros Asilos e mesmo outros Asilos compraban probas. Fronte a este agravio coa situación que padecía o noso Asilo o Alcalde ignorou todas as peticións dos grupos municipais que pediamos que os comprara ao conseguir que o SERGAS fixera as probas no noso Asilo.

Así, a reacción deste Alcalde nunha situación de máxima tensión e sensibilidade de cidadanía e de estrés e preocupacións das traballadoras para facer partidismo e bronca política contra a oposición está fora de lugar e foi moi desleal coa institución e coas traballadoras e os residentes do Asilo.

A actuación desta Alcaldía rompe con todas as normas democráticas, xusto nun momento moi sensible no que todos os grupos municipais lle ofrecemos o noso apoio á xestión desta crise, como foi público e notorio.

Agora é tempo de pasar a pandemia, saír o mellor posible dela, e a continuación cando a situación se estabilice teremos a obriga todos e todas sumar cedendo, construír un novo orzamento e proxecto municipal para enfrontar a crise social e económica que acompaña a esta terrible crise sanitaria.

Consideramos que a pesar destes positivos no Asilo é preciso recordar o enorme traballo impecable das traballadoras e traballadores e de todos os seus profesionais que actuaron de maneira profesional e xenerosa sempre. O noso profundo agradecemento. Unha actuación que é necesario poñer en valor. Por este motivo, solicitamos a convocatoria do padroado do Asilo para abordar a situación tras o novo caso coñecido e interesarnos polas traballadoras e residentes.

Por ultimo, o anuncio que fixo o Alcalde de que os Test chegarán 18 días despois do primeiro positivo no Asilo, non só chega moi tarde, senón que exclúe ás traballadoras e usuarios do Servizo de Axuda no Fogar. Polo que lle esiximos unha vez máis ao Concello que compre Test-Probas , no caso de que a Xunta exclúa a este servizo municipal tamén especialmente sensible.