As pallozas do Camping dan refuxio a persoas sen teito e transeúntes

AS PALLOZAS DO CAMPING DO CARBALLIÑO ESTÁN A PLENO RENDEMENTO PARA DAR REFUXIO A PERSOAS SEN TEITO E TRANSEÚNTES DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Cinco das seis pallozas do parque do Carballiño están ocupadas por particulares ou familias que se viron nunha situación especialmente difíciles cando se decretou o confinamento obrigatorio por parte do goberno do estado. Actualmente as pallozas acollen a sete persoas que ou ben por cuestións económicos ou transitorias quedaron sen casa ou ben porque se atopaban aquí cando se decretou o estado de alarma e non puideron regresar aos seus domicilios noutras comunidades autónomas. O concello do Carballiño encargouse de darlles un teito e tamén lles proporciona alimentos se o necesitan. Nos estivemos alí e falamos con Celia Altamirano, unha nicaragüense que cando saltou a alerta sanitaria atopábase sen traballo, sen diñero, sen vivenda e sen ninguén quen a puidese axudar

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO