Ante a falta de resposta ás propostas do BNG e a inacción instucional do concello do Carballiño o BNG solicita a celebración dun pleno extrodinario no que abordar a emerxencia sanitaria na vila.
Á vista da situación de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir por mor da COVID-19 e o difícil escenario a nivel social e económico que se aveciña unha vez pase a crise sanitaria, entendemos que a Corporación Municipal debe estar á altura das circunstancias e activar todos os mecanismos que estean ao seu alcance para axudar aos vecinos e veciñas sobre todo aos máis vulnerables.
Os orzamentos propostos polo grupo municipal “desatendían as necesidades reais da veciñanza do Carballiño, e estaban orientados a unha proxección de futuro xa obsoleta ante o devir dos acontecementos”, declaraba García. Na aprobación inicial, o grupo municipal do BNG pediu a retirada do proxecto pola falta de apoio á área social e a falta de inversión. “O único deducíbel dos orzamentos era que a única prioridade do equipo de goberno eran os festexos”, declaraba naquela altura a edil nacionalista.
Desde o grupo municipal do BNG temos presentado polo Rexistro do concello varias iniciciativas con aportacións na defensa das novas necesidades. Cremos que as nosas aportacións e as do resto de grupos municipais deben ser postas en común por todos e todas as conconcelleiros e concelleiras da corporación e coñecer as intecións do grupo de goberno a respecto delas e saber cales foron, son e serán as medidas que desde o grupo municipal pasen activar para tentar axudar e mellorar esta situación.” Declarou García.
Ante a falta de respostas ás nosas aportacións, así como as incertidumes xeradas polo grupo da alcaldía na xestión da actual crise, despois dun longo periodo sen ningún tipo de xuntanza plenaria, nen xunta de portavoces nas que prestar unha colaboración fluida de todas as organización políticas ao devir da vila, o BNG ven de solicitar un pleno extraordinario urxente no que tratar a situación actual pondo en común as diferentes eivas na abordaxe da situación percibidas polos diferentes grupos e as solucións que poidamos aportar ao ben común da veciñanza.