A Xunta informa o sector dos áridos sobre a liña de préstamos ó tecido empresarial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión telemática con representantes da Asociación Galega de Áridos (Arigal), unha agrupación que reúne ás principais empresas  dedicadas á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos, sumando un total de 50 entidades e preto de 3.000 empregos entre directos e indirectos.

Durante o encontro, o conselleiro informounos sobre a nova liña de préstamos para inxectar liquidez nas empresas galegas, que conta cun orzamento de 30 millóns de euros e que mobilizará, segundo as previsións, preto de 250 millóns. A través deste programa, que presta especial atención a pemes e autónomos, a Xunta beneficiará o 100% dos xuros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conde tamén lle trasladou ao sector dos áridos a vontade da Xunta de asentar unhas condicións  que permitan a reactivación do seu labor en plenas garantías, sobre todo a nivel de seguridade e saúde laboral. A este respecto, a Administración galega ten proporcionado ás empresas do sector as 36.000 mascarillas que solicitaran, xunto cunha guía sectorial para a prevención laboral neste sentido, que recolle consellos en materia de distancia de seguridade, hixiene e limpeza ou medidas organizativas.