A Xunta entregou a Ourense 45 mil unidades de protección

poli-provi-material
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 A Xunta leva entregadas á cidade de Ourense preto de 45.000 unidades de protección individual nos tres envíos que se veñen de efectuar desde a plataforma loxística desde o decreto do estado de alarma. En concreto, esta semana realizouse o terceiro reparto á cidade das Burgas que incluíu 8.200 equipamentos: 4.131 mascarillas, 4.000 guantes e 66 traxes. Este envío súmase aos dous realizados anteriormente e que en total dotaron ao concello da cidade de 28.000 luvas, 16.524 mascarillas e 263 traxes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Goberno galego neste terceiro envío de material de protección ás sete cidades distribuíu máis de 53.400 unidades. Así, as sete cidades recibiron en conxunto nestes días 30.500 guantes, 22.400 mascarillas, 501 traxes e 40 pantallas.

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. En total, a Administración autonómica leva repartido entre as sete cidades galegas máis de 355.000 unidades de protección para loitar contra a pandemia. En concreto, 213.000 guantes, 141.900 mascarillas, 2.000 traxes e 40 pantallas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou o esforzo que está a facer o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica, mentres que o Goberno do Estado non achegou á nosa Comunidade equipamentos de protección, adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.