A provincia de Ourense baixa en número de pacientes activos de coronavirus

A PROVINCIA DE OURENSE BAIXA EN NÚMERO DE PACIENTES ACTIVOS DE CORONAVIRUS E POR PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA SON MAIS AS ALTAS QUE OS CONTAXIOS

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704, de eles 1.302 son da área de Ourense (onte había 1.311, 9 mais).

AVANTAR ACTIVIDADES

Do total de pacientes positivos, 87 permanecen en UCI (5 menos que onte), 531 están en unidades de hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos (6 falecementos mais)

ONTE COMEZARON A FACERSE OS TESTS RÁPIDOS COS QUE O SERGAS COÑECERÁ CON PRECISIÓN A DIMENSIÓN DO MAPA EPIDEMIOLÓXICO GALEGO DO COVID-19

Sanidade realizará mais de 100.000 test neste estudo que se fará en dúas fases. O Instituto Galego de Estadística encargouse de elaborar unha mostra representativa da comunidade galega.

Na comarca do Carballiño faráse esta proba voluntaria a 675 persoas, e na do Ribeiro a 377. Concretamente faranse 475 no Carballiño e 145 en Ribadavia.

Estase chamando xa aos participantes e logo de realizar unha pequena enquisa, dáselles a cita para facer o test no centro de saúde que lle corresponda. Nas cabeceiras comarcais, no Carballiño e Ribadavia comezaron hoxe cos tests e no resto dos concellos comezarase a semana que ven. Xunto ó ambulatorio do Carballiño instalouse esta mañá unha carpa para realizar os tests. A proba consiste nun análise de sangue, un pequeno pinchazo no dedo que se fará en intervalos de dez minutos. Quen se achegue en vehículo ata o ambulatorio non terá que baixar del para facer esta proba. No caso de que a persoa seleccionada esté encamada, o persoal do centro desplazaráse ata o seu domicilio.

En 15 minutos estará o resultado pero trala proba a persoa marchará e recibirá unha chamada telefónica co resultado no mesmo día. Se o resultado é positivo, o médico xa lle indicará o protocolo a seguir.

Esta proba é un test rápido de inmunoglobulina total e da positivo ou negativo en anticorpos pero non coñeceremos se xa pasamos o coronavirus.

VIDEO